La Patria Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Isla
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Data de inicio:
1912
Ano de inicio:
1912
Dirección:
José Bargueiras;
Administración:
Manuel Rodríguez;
Colaboración:
Abdón Rodríguez; Amador Fernández; Beltrán (Jotabé); Benito Rodríguez; Casimiro Fernández; Dr. Aenlle; E. Amador Franco; Eduardo Cerijo; Esmerando Álvarez; Fernández Teijeiro; Francisco Mañach; Gómez Cordido; José García; Llurcel; Nicolás R. López; Nicolás Rodríguez; Roblanto; Ramón Cabanillas ;
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Castelán, con algunha colaboración literaria en galego
Formato:
31 x 23,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 20 páxinas
Prezo:
N.º solto: 10 centavos
Redacción:
Mercado de Tacón, 54. A Habana
Imprenta:
M. Comas, Compostela, 73. A Habana.
Contido:
Prensa de información xeral cunha dobre temática: novas de Galicia, abordadas na sección "Noticias Gallegas" e vida societaria das entidades galegas en Cuba en "Notas de la semana", na que informa das actividades do Centro Gallego, a Beneficencia e a Quinta de saúde. Complétase con novas de actualidade sobre os emigrantes, as condicións de traballo, poemas e artigos literarios.
Observacións:
No n.º 60 (26-04-1913) hai un cambio na portada, xa que se inclúe a bandeira galega, como unha banda azul superposta.
Ilustracións:
Escasas, hai algúns debuxos e fotografías, xeralmente de sociedade e de motivos galegos.
Publicidade:
Abundantes anuncios, concentrados nas primeiras e últimas páxinas. Trátase de publicidade de carácter comercial, de fábricas de tabaco, caixas de aforros, institucionais, librarías, de profesionais etc.
Números consultados:
1913: n.º 57-63, 65-72
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Real Academia Galega. .