La Tierra Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Periódico bisemanal de intereses regionales
A partir do n.º 24: Semanario de intereses regionales
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Data de inicio:
1/4/1894
Data de fin:
9/11/1896
Ano de inicio:
1894
Ano de fin:
1896
Fundación:
Dirección literaria:
Manuel Curros Enríquez. nº 24 en adiante ;
Administración:
José Baña; Laureano Carrillo; Manuel Curros Enríquez ;
Colaboración:
Abefeyé; Andrés Clemente Vázquez; Antonio Biaggi; Antonio Santiago Somoza; Aurelio Ribalta; F. Portela Pérez; Florencio Vaamonde Lores; Galo Salinas; J. César; J. R. Carracido; Juan A. Freire; Juan B. Ubago; Lisardo R. Barreiro; Luis Fernández Pérez; M. Pinheiro Changas; Modesto Fernández y González; Pablo Hernández; R. Balsa de la Vega; Ramón Armada Teijeira; Ramón de la Braña; José González López ; Manuel Curros Enríquez ; Patricio Delgado ;
Periodicidade:
Bisemanal. A partir do n.º 24: Semanal
Idioma:
Castelán, con algún artigo e colaboracións literarias en galego
Formato:
45 x 32 cm. A partir do n.º 24: 41 x 28 cm.
Extensión:
Ata o n.º 23: 4 páxinas. A partir do n.º 24: 8 páxinas
Prezo:
Subscrición: 0,75 $
Lugares de distribución:
Axentes de La Tierra Gallega: Manuel Cabo (Matanzas), Julián Faya (Santiago de las Vegas), Antonio Fraguela (Güira de Melena), Genaro Coya (Santa Clara), Diego Rodríguez Fariña (Cienfuegos, Cruces, Abreus), José Carrano (Puerto-Príncipe), Baldomero Vázquez (Pinar del Río, Artemisa), Ángel Mariño (Cárdenas), José Carro (Sagua la Grande), Arturo Casanova (Encrucijada), Ramón Vázquez Faiz (Corralillo), Leoncio Chacón (San Antonio de los Baños), Agustín Bandué (Ciego de Ávila), Luis G. Fuentes (Holguín), Antonio Márquez (Unión de Reyes), José G. Guerra (Cervantes), Vicente Ríos (Guanabacoa), José Penabad (Regla), Francisco Mancera (Marianao) e Francisco Perea (Casa Blanca).
Redacción:
1/2 Cienfuegos, 12. A Habana
San Rafael, 14. A Habana
Prado, 94. A Habana
Habana, 50. A Habana
Habana, 108. A Habana
Cristo, 33. A Habana
Consulado, 122. A Habana
Prado, 86. A Habana
Imprenta:
Imprenta Mercantil, Empedrado, 10. A Habana.
La Universal de Ruiz y Hno., San Ignacio, 15. A Habana.
Contido:
Revista de información xeral, que aborda a vida e a actividade da colonia, especialmente do Centro Gallego e da Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia. Tamén inclúe novas de Galicia, que aparecen en varias seccións como "Las cuatro hermanas", onde se dan ás noticias locais agrupadas por provincias e outra denominada "Crónicas gallegas", sección de noticias galegas enviadas desde A Coruña e asinada por Galo Salinas Rodríguez. Complétase con poesías, artigos sobre historia, literatura e un folletín (reproducen novelas de literatos galegos famosos como Aurelio Ribalta, Benito Vicetto, José Ojea ou Florencio Vaamonde Lores).
Ilustracións:
Non ten fotografías. Só aparece un debuxo por exemplar co retrato dun galego ilustre.
Publicidade:
Ao comezo da publicación a publicidade localízase na última folla, logo vai aumentando progresivamente ata ocupar 2 páxinas. Aparecen anuncios comerciais, institucionais, de profesionais liberais, compañías de navegación, bancos etc.
Números consultados:
1894: n.º 6, 23, 24, 43
1895: n.º 53, 67, 82, 102
1896: n.º 112, 128, 136
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Real Academia Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1894: n.º 2-50
1895: n.º 51-102
1896: n.º 103-147