Repertorio da prensa da emigración galega

----

Ideal Gallego [1928-?]

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Paladín de la Cultura; Defensor de la Colonia Gallega de Cuba y Órgano Oficial del Comité Representativo de Sociedades Gallegas
A partir do n.º 102: Publicación Regional Ilustrada

Lugar:
A Habana
Época:
2ª época
Inicio:
1928
Dirección artística
U. Rodríguez Rivas. nº 92-102; Ramón González Fernández. nº 87-91;
Dirección
José M. Sánchez Brea;
Subdirección
Celso Enríquez Balsa. nº 93-102;
Administración
Benjamín Martínez. nº 84-102;
Propiedade
José M. Sánchez Brea;
Colaboración
Adolfo Anta y Espino; Carmiña Prieto Rouco; Eladio Moreira; Enrique Cobos; G. Barral; J. G. Barros; J. M. Sánchez Brea; José Arca Castro; José de Quintas; José L. Villaamil; Josefina Bellavista y del Riego; Luis Reinante Losada; Manuel Mariño; Manuel Otero Carreiras; Mario Cavaradosi; Modesto Prieto Camiña; Pedro Echeverría; Roibás Cordero; Secundino Baños; Vicente Garza; Manuel Lustres Rivas;
Corresponsalía
Pierre de Ramos, Nova York;
Xefatura de redacción
José Rodríguez Miranda;
Periodicidade:
Decenal, semanal e quincenal
Idioma:
Castelán, con algunha colaboración literaria en galego
Formato:
N.º 55: 45,5 x 30 cm. N.º 63-80: 26 x 17,5 cm. N.º 81-99: 30 x 22 cm. N.º 101-102: 27,5 x 20 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 24 páxinas, con algunhas excepcións como o n.º 55 que ten 4 ou o n.º especial con 50 páxinas
Prezo:
N.º 55: Subscrición mensual: 0,25 $; n.º 81-101: n.º solto: 0,05 $; n.º 102: n.º solto: 10 cts.
Redacción:
Marta Abreu, 37. A Habana
Muralla 98, Departamento 109. A Habana
Égido, 11. A Habana
Imprenta:
Marta Abreu, 37. A Habana.
Teniente Rey, 67. A Habana.
Amargura, 37. A Habana.
Marta Abreu, 37. A Habana.
Imp. El Fénix, Habana, 116 1/2. A Habana.
Cuba, 5. A Habana.
Contido:
Revista que pretende defender os dereitos dos galegos de Cuba e ser o voceiro do Comité Representativo de Sociedades Gallegas de Instrucción. Céntrase nas actividades e temas relacionados directamente coas entidades que integran dito Comité, dando preferencia ás de carácter cultural, e nas novas sociais e de actualidades da colonia galega na illa.
Aparecen seccións literarias ("Hilos cruzados", "Divagación", "Charlas"), divulgativas ("Para el Hogar"), sociais ("Cosas que resaltan", "Filigranas"), de actualidade ("Recortes y Apuntes", "Actualidades", "Motivos de New York", "Temas Cubanos") e outras como "Temas deportivos", "Teatro", "Viajando por España", "Pensamientos", "Trancazos", "Guasa y coloquios", "Fungueirazos", "Trallas y lacayos", "Explosivos deportivos", "Pequeñas pociones" etc.
Observacións:
Nos n.º 63 ata o 80 engadéselle ao título a palabra Magazine. Descoñecemos se se trata da mesma publicación ou é un suplemento do Ideal Gallego.
Ilustracións:
Abundantes fotografías, principalmente sociais, evocadoras de Galicia, de actos deportivos e unha orla coas caras da Comisión executiva do Centro Galego. Tamén inclúe numerosas viñetas cómicas.
Publicidade:
Numerosos anuncios espallados por toda a publicación. Aparecen anuncios comerciais, de caixas e bancos, de profesionais liberais e institucionais.
Relacionadas:
Ideal Gallego [1926-1928]. [1ª época], 1926 (1ª e 2ª etapa da mesma publicación.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1928: n.º 55, 63
1929: n.º 69, 71-74, 76-79,81-84, 86-89, 91, 92
1930: n.º 93-99, 101, 102