Aires da Terra

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Data de inicio:
01/05/1961
Ano de inicio:
1961
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Predominio do castelán, o galego é empregado marxinalmente e case en exclusiva en composicións literarias
Formato:
31,5 x 23,5 cm
Extensión:
N.º ordinario: 24 N.º extrordinario: 8
Redacción:
Caracas
Imprenta:
Caracas
Contido:
Publicación editada pola Hermandad Gallega de Venezuela, que informa sobre as actividades realizadas (sociais, culturais, deportivas, etc.) e outros aspectos relacionados coa mesma (infraestruturas físicas e humanas, etc.). Complementa esta información con diversos escritos sobre a cultura galega (literatura, referencias a intelectuais galegos, etc.). Marxinalmente aparecen artigos de temática económica e notas procedentes de Galicia de carácter anecdótico
Observacións:
No mes de xaneiro de 1961 publican un número extraordinario con este mesmo título dedicado a Castelao
Ilustracións:
Relativamente abundantes e dispersas. Predominan as fotografías institucionais e sociais. Tamén hai presenza, aínda que escasa, de debuxos e viñetas
Publicidade:
Equilibrada e dispersa. A grande maioría é de tipo comercial (tendas varias e almacenistas). O resto son anuncios do sector bancario, do transporte (axencias de viaxe) e doutro tipo. No número extraordinario non hai publicidade.
Números consultados:
1961: n.º 1 (n.º extraordinario dedicado a Castelao)
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X. L. (1996): Radio e prensa na Galicia Exterior, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, p. 150
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Fundación Penzol. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1961: n.º 1