Repertorio da prensa da emigración galega

----

Aires da Terra

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Caracas
Inicio:
1961
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Predominio do castelán, o galego é empregado marxinalmente e case en exclusiva en composicións literarias
Formato:
31,5 x 23,5 cm.
Extensión:
N.º ordinario: 24 páxinas e o n.º extrordinario: 8 páxinas
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
Caracas. Venezuela.
Contido:
Publicación societaria editada pola Hermandad Gallega de Venezuela, que informa sobre as actividades realizadas (sociais, culturais, deportivas etc.) e outros aspectos relacionados coa mesma (infraestruturas físicas e humanas etc.). Complementa esta información con diversos escritos sobre a cultura galega (literatura, referencias a intelectuais galegos etc.). Marxinalmente aparecen artigos de temática económica e notas procedentes de Galicia de carácter anecdótico.
Observacións:
No mes de xaneiro de 1961 publican un número extraordinario con este mesmo título dedicado a Castelao.
Ilustracións:
Relativamente abundantes e dispersas. Predominan as fotografías institucionais e sociais. Tamén hai presenza, aínda que escasa, de debuxos e viñetas.
Publicidade:
Equilibrada e dispersa. A grande maioría é de tipo comercial (tendas varias e almacenistas). O resto son anuncios do sector bancario, do transporte (axencias de viaxe) e doutro tipo. No número extraordinario non hai publicidade.
Relacionadas:
Irmandade. 1965 (Publicación da mesma entidade); Hermandad Gallega de Venezuela. 1970 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Boas Novas. 1979 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Punto de Unión. 1987 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Irmandade, A. 1993 (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1961: n.º 1