Subtítulo:
Revista de Galicia
Lugar:
México, D. F.
País:
México
Data de inicio:
1967
Data de fin:
1967
Ano de inicio:
1967
Ano de fin:
1967
Fundación:
Alejandro Finisterre;
Dirección:
Alejandro Finisterre;
Sinatura de artigos reproducidos:
Colaboración:
Álvaro Arauz; Amancio Bolaño e Isla; Celso Amiera; Jesús Dopico; Luisa Carnes; Modesto Seara Vázquez; Ramón Villar Ponte; Uxía Souto; Florencio Delgado Gurriarán ; Jesús Bal y Gay ;
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
23,5 x 18,5 cm.
Extensión:
908 páxinas
Redacción:
México. América
Imprenta:
Gráficas Menhir S.A., Galicia, 284, Colonia Alamos. México, D. F..
Contido:
Revista cultural, da que só saíu un número. A través da mesma quérese difundir a obra de personalidades da cultura galega ou traballos de grandes autores da súa literatura. Contén principalmente reproducións de composicións da literatura galega e portuguesa, discusións lingüísticas, escritos arredor de galegos ilustres e informacións sobre as entidades galegas en México. Na última parte da revista faise alusión ás actividades do III Congreso da Emigración Galega, celebrado en Santiago de Compostela nese ano.
Ilustracións:
Fotografías relacionadas con actos institucionais (III Congreso da Emigración Galega), actividades sociais dos galegos en México e do Centro Gallego. Nun capítulo reprodúcese a colección de estampas sobre o beato Sebastián de Aparicio.
Publicidade:
Non ten
Números consultados:
1967: n.º 1
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela , Biblioteca do Museo de Pontevedra , Biblioteca da Real Academia Galega. .