Repertorio da prensa da emigración galega

----

Casa de Galicia de Unidad Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Libro-Memoria

Entidade editora:
Lugar:
Nova York
Inicio:
1940
Editor/a
Amado Ricón. Anos 1976-1983;
Colaboración
A. Viñal Casa; Alfonso Losada; Carlos Vázquez; Enrique Santamarina; Frank Arévalo; Luis Romay G. Arias; Manuel Álvarez Quiroga; Manuel Zapata; Mario Pousa Díaz; Xesús Cambre Mariño; Agustín Rodríguez Caamaño; Andrés Torres Queiruga; Avelino Pousa Antelo; Carlos Durán; Emilio González López; Francisco Fernández del Riego; Isaac Alonso Estraviz; Luís Soto Fernández; Ramón Piñeiro; Rodolfo Prada; Salvador García-Bodaño; Sebastián Martínez-Risco y Macías; Xosé Manuel López Nogueira;
Redacción
Amado Ricón. Anos 1976-1983;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán. O galego emprégase nalgunhas colaboracións culturais e literarias
Formato:
1946-1983: 27 x 19,5 cm. 1993: 26 x 18 cm.
Extensión:
Variable, entre 48 e 150 páxinas, xeralmente ten arredor de 80 páxinas
Redacción:
313-15 West 59th Street. Nova York
153-59 West 64th Street. Nova York
405 West 41st Street. Nova York
119-125 East 11th Street. Nova York
37-09, 31st Avenue, Astoria 11103 NY. Nova York
Imprenta:
Nova York. Nova York.
Contido:
Esta publicación societaria ten a finalidade de informar das actividades desenvolvidas pola entidade editora, marcadamente republicana e galeguista durante os seus primeiros anos. Constitúe a memoria anual das actividades e feitos máis salientables da vida societaria: estrutura organizativa (directivas, comités, socios, comisións etc.), as contas e balances etc. Contén ademais algúns artigos, opinións e traballos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia, redactados por intelectuais galegos de recoñecido prestixio.
Ilustracións:
Moi abundantes, case todas son fotografías de sociedade e institucionais. A presenza doutro tipo de ilustracións é anecdótica.
Publicidade:
Moi abundante, entre a publicidade e as fotografías cobren as tres cuartas partes da revista. A maioría dos anuncios son de tipo comercial e, en moita menor medida, atópanse anuncios de compañías aéreas, bancos etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1941: novembro
1958
1963
1965: XXV aniversario
1965-66
1966-67
1967-68
1968-69
1969-70
1970-71
1971-72
1972-73
1973-74
1974-75
1981-83
1993-96
2002: LXII aniversario