Repertorio da prensa da emigración galega

----

Puente Caldelas

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista del Centro de Puente Caldelas y sus distritos

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1942
Dirección
Victoriano Martínez Baqueiro;
Administración
Enrique Cerqueira Seoane . nº 1; Jesús Martínez Cortizo. nº 2;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán, o galego emprégase en poesías e algúns artigos
Formato:
N.º 1: 27,5 x 19 cm. n.º 2: 26,5 x 17,5 cm.
Extensión:
36 páxinas
Redacción:
México, 1660. Bos Aires
Imprenta:
Imprenta Corolaire, Avellaneda. Avellaneda.
Contido:
Publicación societaria que pretende "reflejar toda la vida social y activista de nuestra colectividad comarcal en esta ciudad de Buenos Aires, así como presentar, auspiciar y mantener toda iniciativa de interés general gallego". Ademais de informar sobre as actividades sociais e culturais, contén traballos sobre a cultura galega e a emigración e reproducións literarias, principalmente poesías. En cada un dos números consultados aparece un artigo asinado por Manuel Oliveira sobre o asociacionismo emigrante, no que explica o motivo e a razón de ser das sociedades e o seu sentido patriótico (Artística Gallega, A Terra, Pondal etc.).
Ilustracións:
Abundantes e dispersas. Predominan as fotografías institucionais e de sociedade, seguidas das evocadoras de Galicia. Tamén reproducen, aínda que en moita menor medida, debuxos e motivos artísticos.
Publicidade:
Escasa, increméntase no número extraordinario, e está localizada ao principio e ao final da revista. A maioría dos anuncios son de tipo comercial (bares, restaurantes, almacéns e tendas diversas), tamén aparecen de profesións liberais e bancos.