Repertorio da prensa da emigración galega

----

Revista del Centro Pontevedrés

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1942
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predomino do castelán, o galego emprégase nalgunhas poesías e reproducións literarias e, ocasionalmente, nalgún artigo
Formato:
26,5 x 18 cm.
Extensión:
Variable, entre 52 e 56 páxinas
Redacción:
Chacabuco, 955. Bos Aires
Imprenta:
Imprenta Suevia, Cevallos, 1027. Bos Aires.
Contido:
Prensa societaria que pretende principalmente informar aos socios das actividades sociais e culturais desenvolvidas, da súa organización e outros aspectos da mesma. Complétase con diversos escritos e información gráfica sobre Galicia e, principalmente, da provincia de Pontevedra, as súas parroquias e concellos. Contén, tamén, composicións poéticas e fragmentos da literatura galega, e, ocasionalmente, noticias e artigos vinculados a outras colectividades da Galicia exterior.
Ilustracións:
Equilibradas e dispersas. A maioría son fotografías (institucionais, de sociedade e evocadoras de Galicia). Hai unha presenza episódica doutros tipos de ilustracións, normalmente debuxos.
Publicidade:
Moi abundante e presente por toda a revista. Case na súa totalidade é de tipo comercial (bares, restaurantes e tendas diversas). Aínda que escasos, hai tamén anuncios de bancos, de profesionais liberais, de empresas provedoras etc.
Relacionadas:
Opinión Gallega. 1945 (Outro voceiro do Centro Pontevedrés de Bos Aires.); Lérez. 1962 (Outro voceiro do Centro Pontevedrés de Bos Aires.);