Subtítulo:

Verba Galega nas Américas

Lugar:
México, D. F.
País:
México
Inicio:
1942
Dirección
Marcial Fernández. nº 5; Florencio Delgado Gurriarán. nº 7;
Administración
Andrés Valín Salvador. nº 2-7;
Editor/a
Xosé Caridad Mateo. nº 1-2; R. Isla Couto. nº 3; Ramón Cabanillas Álvarez. nº 4; Roxelio Rodríguez de Bretaña. nº 5-7;
Colaboración
Adolfo Vázquez Humasqué; Agustín Millares Carlo; Armando Rey Romalde; Basilio Bernárdez; Bieito Búa; Celestino López; Chita Lamas de I. Couto; Edmundo Lorenzo; Félix Martín Iglesias; Manuel Porteiro Viña; Marcial Fernández; Rafael Cardona; Sebastián González G. Paz; Serafín García; Severino Pellit Varela; Uxío Souto; Xesús Bal y Gay; Xohán García; Xohán López Durá; Alberto Vilanova Rodríguez; Castelao; Antón Alonso Ríos; Arturo Souto; Ben-Cho-Shey; Eduardo Blanco Amor; Emilio Pita; Florentino López Alonso-Cuevillas; Luís Seoane; Luís Tobío Campos; Manuel Colmeiro; Pura Vázquez Iglesias; Ramón Cabanillas; Ramón Martínez López; Ramón Otero Pedrayo; Ramón Rey Baltar; Ramón Suárez Picallo; Xerardo Álvarez Gallego; Xesús Dopico;
Ilustración
Uxío Souto; Carlos Maside;
Redacción
Carlos Tomé; Manuel Porteiro Viñas; Xosé Caridad Mateo; Carlos Velo; Florencio Delgado Gurriarán; Luís Soto Fernández; Ramiro Illa Couto; Ramón Cabanillas; Roxelio Rodríguez de Bretaña;
Periodicidade:
Semestral, cunha interrupción de xullo de 1943 a xullo de 1952
Idioma:
Galego
Formato:
N.º 1-5: 27,5 x 19,5 cm . n.º 7: 28,5 x 19,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 40 páxinas
Prezo:
N.º 1, 2: 50 centavos; n.º 5 (bis): 5 pesos; n.º 7: 10$
Redacción:
México. América
Imprenta:
A. Artís imp., SRL., Durango, 290. México, D. F..
Imprenta Gallarda, Uruguay, 40. México, D. F..
Contido:
Revista cultural cunha clara orientación galeguista, como se sinala no editorial do seu primeiro número, "Loitaremos dende estas follas: por alumar o acento do galeguismo, espallando as verbas dos nosos irmáns; por xuntar, contra tódol-os ventos, as vontades xenerosas dos millores galegos das Américas, que vein estrelas no ceio, falan na língua inmorredoira dos nosos eidos e cibdades, e teñen arelas da Terra; polo triunfo do esprito galego, enxebre e universal". Inclúe unha longa serie de traballos co denominador común da cultura galega no sentido máis amplo, que actúan como transmisores de reivindicacións políticas para Galicia. Na súa composición combínanse obras literarias con lembranzas da terra, ensaios e artigos de carácter histórico, económico etc.
Ilustracións:
Moi escasas, en ocasións case nulas, e dispersas por toda a publicación. Ocasionalmente aparecen fotografías con motivos galegos, de personalidades ilustres etc. Tamén reproducen debuxos evocadores de Galicia, retratos, moitos deles de Uxío Souto e algún de Maside.
Publicidade:
Escasa e concentrada nas páxinas iniciais e finais. Abundan os anuncios comerciais e hai unha presenza notoria de publicidade dirixida ás empresas (provedoras de insumos e maquinaria, distribuidoras).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1942: n.º 1, 2
1943: n.º 3, 4
1944: n.º 5
1952: n.º 5 (bis)
1953: n.º 7