Vento da Terra

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Data de inicio:
18/11/1971
Ano de inicio:
1971
Periodicidade:
Irregular, cunha saída bimestral ou trimestral
Idioma:
Galego
Formato:
28 x 21,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 26 e 32 páxinas
Redacción:
Las Palmas (Avenida), 11-12, (Quinta "Chalet"). Caracas
Imprenta:
Caracas. Venezuela.
Contido:
Revista que nace co obxectivo de afirmar e espallar os ideais do galeguismo na emigración. Desenvolve nas súas páxinas diversas temáticas arredor de Galicia (cultura, política, historia, sociedade e economía), incluíndo reproducións das obras de galegos ilustres. Estima totalmente carente de obxectivos e de razón de ser calquera sociedade de emigrantes galegos que non teña como meta primaria a de afirmar a personalidade de Galicia, o seu particularismo cultural e o feito diferencial do seu pobo. Nas últimas páxinas reproduce os estatutos do Padroado da Cultura Galega de Caracas.
Ilustracións:
Escasas e dispersas. Predominan os debuxos, normalmente retratos de galegos ilustres e reproducións artísticas. As fotografías, minoritarias, recollen os diferentes momentos da vida de persoeiros galegos.
Publicidade:
Non ten. A única referencia publicitaria aparece no n.º 3, e anuncia o programa de radio "Galicia Ceibe" (órgano de difusión radial da Sociedade editora desta revista).
Números consultados:
1971: n.º 1
1972: n.º 2, 3
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”. .