Subtítulo:
Voceiro do Movemento Nova Galiza
Entidade editora:
Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Data de inicio:
1/5/1979
Ano de inicio:
1979
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Galego
Formato:
N.º 22: 32 x 21,5 cm. N.º 35-45: 28 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 12 e 16 páxinas
Lugares de distribución:
Venezuela, Galicia e países da nosa emigración
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
Caracas. Venezuela.
Contido:
Revista política nacionalista que xorde co obxectivo manifesto de "loitar pola cultura galega, o idioma, os costumes e o dereito a ser galegos nunha Galicia próspera, sen emigración e independente do Estado español". Contén artigos, notas e outro tipo de escritos de carácter histórico, cultural, económico e político relativos a Galicia. Complétase cunha serie de noticias sobre a nosa terra e as colectividades galegas no exterior. Ten varias seccións sobre música, deportes e de humor, entre outras.
Ilustracións:
Equilibradas e dispersas. Fotografías e debuxos, normalmente de carácter político, e viñetas humorísticas que xogan coa ironía tamén no eido da política.
Publicidade:
Anuncios de carácter comercial
Números consultados:
1980: n.º 22
1981: n.º 35-36, 38-39
1982: n.º 41-42, 44-45
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1980: n.º 22
1981: n.º 35, 36, 38, 39
1982: n.º 41, 42, 44, 45