Subtítulo:

Revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza

Lugar:
Zúrich
País:
Suíza
Inicio:
1993
Dirección
Xosé Luís Leirós. nº 1
Ilustración
Carlos Maside
Colaboración
Andrés Anido
B. Alonso Fernández
Gustavo Luca de Tena
Pedro Hombre
Ricardo Sarmiento
Rosa Fernández Martínez
Xesús Gómez
Dionisio Pereira
Felipe Senén
Xermán García Cancela
Xesús Rábade Paredes
Idioma:
Galego
Formato:
N.º 1: 30 x 22 cm. A partir do n.º 2: 28,5 x 21 cm.
Extensión:
52 páxinas
Contido:
Revista editada pola Federación de Sociedades Galegas na Suíza, que informa da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos etc.). Conceden unha especial atención a temas de Galicia, así o n.º 1 está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres o n.º 2 contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de A Nosa Terra. Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.
Observacións:
O n.º 2 está editado conxuntamente con Promocións Culturais Galegas, figurando como título Diáspora - A Nosa Terra, e reproduce artigos dun monográfico desta última publicación sobre a emigración.
Ilustracións:
Abundante. Na portada reproducen un debuxo de Maside, pero destacan as fotografías que ilustran os distintos artigos e as de tipo social.
Publicidade:
Abundante, anuncios de axencias de viaxes, produtos galegos, institucións, bancos, establecementos comerciais, editoriais galegas etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1993: n.º 1
1997: n.º 2
1999: n.º 3
2004: n.º 4
2005: n.º 5
2006: n.º 6