Boletín Oficial del Centro Gallego de Valentín Alsina

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lema:
Mutualidad, Cultura, Repatriación
Lugar:
Valentín Alsina
País:
Arxentina
Inicio:
1929
Colaboración
Avelino Gutiérrez
Francisco Grandmontagne
José A. Pombar
José María Barrozo
P. Pérez
Rogelio Rodríguez Díaz
Tomás Davantes
Eduardo Blanco Amor
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Extensión:
44 páxinas
Prezo:
Distribución gratuíta
Lugares de distribución:
Entre os socios e os centros galegos na Arxentina
Contido:
Prensa societaria que aspira a servir de vínculo de comunicación entre o Centro e os seus integrantes. Os números consultados inclúen un editorial de saúdo e informacións da entidade editora ("Comisión Directiva", "Cuerpo médico del Centro Gallego", "Instituciones y periodismo que se relaciona con nuestro Centro"). Complétase con colaboracións literarias en castelán e galego, gravados e fotografías de cidades, vilas, paisaxes e tipos galegos, e unha páxina especial dedicada ao Día da Raza.
Ilustracións:
Fotografías de paisaxes e cidades galegas e retratos dos membros da xunta directiva do Centro
Publicidade:
Moi abundante e variada, ocupa a maior parte da revista