Acción Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Periódico del patriotismo regional
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Data de inicio:
30/11/1915
Ano de inicio:
1916
Periodicidade:
Decenal
Idioma:
Castelán
Extensión:
4
Prezo:
Subscrición mensual: 40 cts.; trimestral: 1,00 $
Redacción:
Ricla, 111 e 123
Imprenta:
Imprenta Militar, Compostela, 78
Contido:
Prensa política de ideoloxía liberal e galeguista. O único número consultado informa da presenza galega en Cuba, ofrecendo unha visión crítica dos asuntos internos do Centro Galego e dos organismos dependentes del, a través de breves críticas satíricas recollidas na sección "Pincha Carneiros". Complétase coa información das actividades das Sociedades galegas e un fragmento dun discurso de Rey Soto
Observacións:
O idioma galego só aparece nun titular da primeira páxina "A falar no Centro Galego ", onde se fai referencia á iniciativa presentada por Constantino Añel na asemblea da institución para a celebración dunha sesión extraordinaria sobre a constitución dos Amigos da Fala na Coruña, as relacións do Centro con Galicia e outros colectivos e a proposta de que o boletín resultante desa sesión se publique integramente en galego
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Abundante, ocupa unha páxina das catro das que consta o xornal. Anuncios de establecementos comerciais, produtos de consumo (café, cervexa, carne, tabaco, etc.), teatros, imprentas, casas de cambio, etc.
Números consultados:
1916: n.º 18
Relacionadas:
Acción Gallega. 1910 (Outra publicación coa mesma cabeceira.)
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Real Academia Galega. .