Subtítulo:

Órgano de la Colonia Gallega en Cuba: Ilustración Regional Gallega

Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
1912
Colaboración
F. Souto
Guillermo Cedrón
J. Gutián Jarnes
J. R. Somoza
José Lesta Meis
Jotabé
M. Rodríguez Rendueles
Marquell
Rogelio Rivero
Xusto do Pazo
Antonio Rey Soto
Corresponsalía
Mares, Ourense
Xefatura de redacción
Fray Roblanto (Roberto Blanco Torres)
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Bilingüe
Extensión:
16 páxinas
Prezo:
Mes: 40 cts.; ano: 4,50 $
Contido:
Publicación ilustrada de información xeral, que pretende, segundo a súa presentación, "hacer que sea respetada y respetable la Colonia Gallega de Cuba; hacer que nuestra querida Galicia se engrandezca más y más por el esfuerzo combinado de todos sus hijos". Os artigos versan sobre temas variados: a colectividade galega en Cuba ("Vida Gallega" e "Hombres de la Colonia" sección que dedican a algunha personalidade de renome, normalmente relacionada coa directiva do Centro Gallego); información sobre as Sociedades galegas (especialmente do Centro Gallego, que aparecen recollidas na sección do mesmo nome); novas de Galicia ("Regionales"); reprodución de obras literarias ("Parnaso Gallego") e outras informacións como "Efemérides Gallegas", "Teatros" (breves comentarios sobre as estreas nos teatros habaneiros), "Letras Galantes" (breves notas de sociedade) etc.
Observacións:
A revista reduce o seu tamaño a medida que avanza a publicación. Xosé Neira Vilas situa a súa saída no mes de decembro de 1911, e asígnalle unha periodicidade mensual
Ilustracións:
Algún gravado de personaxes públicos e escenas típicas galegas. No número 1 publican un gravado magnífico do edificio do Centro Galego, que ocupa dúas páxinas. A ilustración que acompaña ao título da revista retrata unha dama coroada que cunha man sinala desde o alto da Coruña o horizonte, onde un sol coa inscrición "progreso" se mergulla no mar e coa outra man sostén o escudo galego.
Publicidade:
Abundante, con ilustracións, e localizada nas páxinas 2 e 3 e nas dúas últimas. Anuncios de viños, médicos especialistas do Centro Gallego e de diferentes establecementos comerciais. Igualmente fai propaganda das Sociedades galegas de instrución.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1912: n.º 1-6, 8, 9