Repertorio da prensa da emigración galega

----

Celta Social

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano del Centro Gallego de Toronto

Lugar:
Toronto
Inicio:
1977
Dirección
Carlos Cacheiro;
Subdirección
Rafael Jato;
Colaboración
Rafael Jato; Xesús Alonso Montero;
Ilustración
Quesada; Castelao;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán
Formato:
28 x 21 cm.
Extensión:
50 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Redacción:
973 College Street. Toronto
Imprenta:
Toronto. Ontario.
Contido:
Prensa societaria editada co obxectivo de informar das actividades organizadas polo Centro Gallego. Complementa esta finalidade con outras seccións de carácter máis lúdico e informativo, nun intento por difundir entre os galegos de Canadá aspectos de Galicia e da súa identidade. A revista aborda temas de literatura, historia, moda, deporte, música, medicina, novas do mundo etc.
Observacións:
X. L. Blanco Campaña e E. Santos Gayoso citan a revista Celta como voceiro do Centro Gallego de Toronto, descoñecemos se se trata da mesma publicación ou si é un cambio de título.
Ilustracións:
Fotografías institucionais, de sociedade e outras que complementan os artigos (de actualidade internacional e canadense, deportistas españois etc.). Tamén aparecen debuxos e viñetas de pintores galegos como Quesada ou Castelao.
Publicidade:
Abundantes, aparecen anuncios comerciais, principalmente negocios de alimentación, zapaterías, pastelerías, automóbiles, restaurantes, axencias de viaxes, produtos españois etc.
Relacionadas:
Celta. 1970 (Publicacións editadas pola mesma sociedade); Centro Gallego de Toronto. 1975 (Publicacións editadas pola mesma sociedade);