A Voz da Lareira

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Voceiro da Casa de Galicia

Entidade editora:
Lugar:
París
País:
Francia
Inicio:
1984
Coordinación
A. G. Fontán
Colaboración
A. G. Fontán
Agustín Barbazán
Antonio Pérez Alonso
Antonio Rodríguez
Ánxeles Pernas
Celso Carnero
Celso Ferreira
César López Nuevo
Eliseo Fuentes
Galo Vaca-Acebedo
José Ángel Valente
Loli Rial
Lucía Caamaño
Luis Moskowich
Luis Ríos Dopazo
M. Picallo
Manuel López González
María Rosamante
O Pelouro
O Troupele
O Xeixo
Pedro Álvarez
Ramón Garrido
Roberto
Santiago Portela
Vicente Alonso
Xosé Manuel Ramos
Antonio Domínguez Rey
María Díaz Vidal
Deseño gráfico
Rafael Rodríguez
Ilustración
Quesada
Castelao
Idioma:
Bilingüe, con predominio do galego (80%). O n.º 3 está integramente en galego. O n.º 4 xustifica no editorial que desde ese número haberá unha sección en español, polas demandas dos lectores e para chegar a máis xente, pero o 99% está en galego
Formato:
29,5 x 21 cm.
Extensión:
Irregular, entre 8 (dos primeiros números) e 28 páxinas
Contido:
Revista societaria que ten como obxectivo informar de temas de interese galego aos emigrantes en París. Unha parte importante da publicación está dedicada a temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación. Inclúe tamén páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.
Observacións:
No n.º 4 hai un cambio de título pasando a denominarse A Lareira: Voceiro da Casa de Galicia: Asociación Cultural
Ilustracións:
Fotografías societarias (actividades artísticas e deportivas do Centro), de actos sociais relevantes en Galicia e de personalidades destacadas. Aparecen viñetas (Quesada, Castelao, etc.) e debuxos ilustrativos de Galicia.
Publicidade:
Escasos anuncios intercalados entre os artigos. Maioritariamente trátase de avisos comerciais (restaurantes, salóns de peiteado, tabaco etc.), de bancos e de transporte.
Relacionadas:
Lareira, A. 1985 (Outro voceiro da Casa de Galicia de París, que cambia de cabeceira en 1985.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: n.º 2, 3