Repertorio da prensa da emigración galega

----

A Voz da Lareira

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Voceiro da Casa de Galicia

Entidade editora:
Lugar:
París
Inicio:
1984
Coordinación
A. G. Fontán;
Colaboración
A. G. Fontán; Agustín Barbazán; Antonio Pérez Alonso; Antonio Rodríguez; Ánxeles Pernas; Celso Carnero; Celso Ferreira; César López Nuevo; Eliseo Fuentes; Galo Vaca-Acebedo; Loli Rial; Lucía Caamaño; Luis Moskowich; Luis Ríos Dopazo; M. Picallo; Manuel López González; María Rosamante; O Pelouro; O Troupele; O Xeixo; Pedro Álvarez; Ramón Garrido; Roberto; Santiago Portela; Vicente Alonso; Xosé Manuel Ramos; Antonio Domínguez Rey; José Ángel Valente; María Díaz Vidal;
Deseño gráfico
Rafael Rodríguez ;
Ilustración
Quesada; Castelao;
Idioma:
Bilingüe, con predominio do galego (80%). O n.º 3 está integramente en galego. O n.º 4 xustifica no editorial que desde ese número haberá unha sección en español, polas demandas dos lectores e para chegar a máis xente, pero o 99% está en galego
Formato:
29,5 x 21 cm.
Extensión:
Irregular, entre 8 (dos primeiros números) e 28 páxinas
Redacción:
50 Rue du Fg. du Temple. París
Imprenta:
Imprimerie Lerner, París. Illa de Francia.
Contido:
Revista societaria que ten como obxectivo informar de temas de interese galego aos emigrantes en París. Unha parte importante da publicación está dedicada a temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación. Inclúe tamén páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.
Observacións:
No n.º 4 hai un cambio de título pasando a denominarse A Lareira: Voceiro da Casa de Galicia: Asociación Cultural
Ilustracións:
Fotografías societarias (actividades artísticas e deportivas do Centro), de actos sociais relevantes en Galicia e de personalidades destacadas. Aparecen viñetas (Quesada, Castelao, etc.) e debuxos ilustrativos de Galicia.
Publicidade:
Escasos anuncios intercalados entre os artigos. Maioritariamente trátase de avisos comerciais (restaurantes, salóns de peiteado, tabaco etc.), de bancos e de transporte.
Relacionadas:
Lareira, A. 1985 (Outro voceiro da Casa de Galicia de París, que cambia de cabeceira en 1985.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: n.º 2, 3