Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletín Interno do Centro Orensano de Montevideo

Entidade editora:
Lugar:
Montevideo
Época:
1ª época
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán
Formato:
27,5 x 22 cm.
Extensión:
9 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Redacción:
Ana M. De Lavalleja, 2014. Montevideo
Imprenta:
Montevideo. Montevideo.
Contido:
Este boletín societario está editado polo Centro Orensano de Montevideo, para ter informados aos seus socios das actividades do centro; ademais hai algúns artigos sobre a provincia de Ourense e Uruguai.
Ilustracións:
Fotografías nos diversos artigos, pero con moi mala calidade.
Publicidade:
No número de 1996 aparecen só dous ou tres anuncios de negocios (cervexería, construción, florería etc.) probablemente de galegos; noutro número consultado (2006) non ten.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1996: 50º aniversario
2006
2010
2017