Repertorio da prensa da emigración galega

----

Bergantiños

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Publicación Oficial del Centro Bergantiños de Montevideo-Uruguay
Revista Oficial del C. S. y Cultural Bergantiños de Montevideo-Uruguay

Lugar:
Montevideo
Inicio:
1982
Dirección
Toni de Seárez;
Responsabilidade
Walter Pena Mañana;
Ilustración
Manuel Monteagudo Romero;
Redacción
Antonio García de Seárez; Ignacio Martínez; José R. Fernández Seivane; Miguel Vázquez Soliño; Manuel Suárez Suárez;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán. Inclúe citas de intelectuais a prol do galego
Formato:
29 x 20 cm.
Extensión:
Irregular, entre 44 e 52 páxinas
Redacción:
Millán, 4193. Montevideo
Imprenta:
Impresora Color S.R.L., Montevideo. Montevideo.
Intergraf, S.A., Montevideo. Montevideo.
Contido:
Publicación societaria que destina unha parte importante dos seus contidos a informar dos fins, historia e actividades da institución editora da revista ("Historia de una ilusión", notas biográficas, visitas e saúdos de personalidades, doazóns, festas ou excursións). O resto da publicación son artigos evocadores de Galicia e da comarca de Bergantiños, con referencias á cultura ("Figuras ilustres de Bergantiños"), á xeografía ("El paisaje de Bergantiños", "Así es nuestra tierra", "Estampas da terra"), aos costumes ("Domingo de feira", "As nosas cousas: Na feira de Rebordelos") etc.
Ilustracións:
Numerosas, principalmente fotografías de actos sociais da comarca de Bergantiños e de motivos tradicionais galegos.
Publicidade:
Moi abundante, practicamente a metade da revista está ocupada por anuncios que son moi diversos: comercios, grandes compañías como Iberia, avisos institucionais etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1982: n.º 1