Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Periódico galego: Órgano da Irmandade Galeguista do Uruguai

Lugar:
Montevideo
Época:
1ª época
Inicio:
1934
Fin:
1936
Colaboración
Alexandre Bóveda; Castelao; Francisco Fernández del Riego; Johan Carballeira;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
40 x 29,5 cm.
Extensión:
4 páxinas
Redacción:
Piedras, 411. Montevideo
Imprenta:
Imprenta Rosgal, Cerro Largo, 990. Montevideo.
Contido:
Publicación política de orientación nacionalista editada pola Irmandade Galeguista do Uruguai, para divulgar e defender os seus postulados políticos. Reproduce artigos dos principais líderes do Partido Galeguista e doutros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal ou Pardo de Cela, defensa da escola galega, reprodución de colaboracións literarias etc.). Na columna satírica "Fuchicadas" denuncia a situación política española. Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas etc.
Observacións:
A maior parte dos artigos están sen asinar, só aparecen os nomes de personalidades galegas destacadas
Ilustracións:
Moi escasas. Aparece algún retrato como o de Pondal, a quen está dedicado o número 3.
Publicidade:
Moi escasa. Destaca o anuncio do Café Tupinamba, pero tamén aparecen outros establecementos comerciais, produtos de consumo, festivais etc.
Relacionadas:
Irmandino, O. [2ª época], 1958 (Voceiro da mesma entidade editado noutra época);