Centro Gallego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
A partir do n.º 144: Publicación mensual ilustrada

Entidade editora:
Lugar:
Montevideo
País:
Uruguai
Época:
1ª época
Inicio:
1917
Fin:
1925
Dirección
Julio Sigüenza. nº 164-166;
Colaboración
Ángel Aller; Augusto Barcia; Elisa Santiago de Martínez; F. Fernández Armesto; F. Salgado; Francisco Grandmontagne; J. Bal y Gay; José M. Salavarría; José Montes Alonso; Leandro Pita Romero; Luis Bello; Manuel Souto Vilas; Castelao; Álvaro de las Casas; Antón Villar Ponte; Constantino Sánchez Mosquera; Leopoldo Basa; Manuel Lustres Rivas; Ramón Fernández Mato; Ramón Otero Pedrayo; Roberto Blanco Torres; Tomas Borras; Valentín Paz-Andrade; Wenceslao Fernández Flórez;
Periodicidade:
Ata o n.º 25: quincenal. A partir do n.º 26: mensual, con algunhas irregularidades
Idioma:
Castelán, con algunha colaboración en galego.
Formato:
Ata o n.º 13: 38 x 27 cm. N.º 14-143: 27,5 x 19 cm. A partir do n.º 144: 27 x 18,5 cm. N.º 151-163: 27 x 18,5 cm. A partir do n.º 164: 32,5 x 23,5 cm.
Extensión:
Ata o n.º 13: 12 páxinas; dos n.º 14-103: 24 páxinas, agás algún número extraordinario; dos n.º 104-163: 32 páxinas, agás algún número extraordinario; a partir do n.º 164: oscila entre 18 e 24 páxinas.
Redacción:
San José, 870. Montevideo
Imprenta:
Editorial Apolo, Maldonado, 1037. Montevideo.
La Buena Prensa, Candarela, 1469. Montevideo.
Talleres Gráficos El Demócrata, Egido, 1333. Montevideo.
Contido:
Publicación editada polo Centro Gallego, que vai sufrir varias modificacións no seu título e formato, aínda que os seus contidos son similares ao longo de todo o período da edición. Un primeiro grupo de noticias está constituído polas información sobre o funcionamento interno da sociedade (notas e vida social, ciclos de conferencias, actividades etc.). Tamén inclúe novas sobre a actualidade española e galega nas seccións: "Noticias de España", "Noticias de Galicia", "Crónica de La Coruña" etc. Cómpre destacar os artigos e colaboracións sobre Galicia, particularmente sobre a súa cultura e o hispanoamericanismo. Reproducen diversas achegas sobre a historia, a literatura, a arte, o labor dos galegos en América, poesías, relatos, chamamentos para secundar iniciativas como a da Residencia de Estudiantes ou da Asociación Protectora de la Cultura Gallega, entrevistas a intelectuais etc. Por último aparecen seccións recreativas, páxinas para a muller etc.
Observacións:
A partir de 1925 pasa a denominarse Revista del Centro Gallego e a partir de 1929 (n.º 151) Galicia
Ilustracións:
Fotografías sociais e evocadoras de Galicia.
Publicidade:
Abundante, aparecen principalmente anuncios de establecementos comerciais.
Relacionadas:
Revista del Centro Gallego. [2ª época], 1925 (Outro voceiro da sociedade editora, Centro Gallego de Montevideo.); Galicia [Montevideo 1929-30]. 1929 (Cambio de título da mesma publicación, voceiro do Centro Gallego de Montevideo); Revista del Centro Gallego. 1944 (Outro voceiro da sociedade editora, Centro Gallego de Montevideo.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1917: n.º 1-6
1918: n.º 7-13
1920: n.º 45
1925: n.º 103