Repertorio da prensa da emigración galega

----

Acción Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista quincenal: Defensora de los intereses regionales

Lugar:
Madrid
Época:
1ª época
Inicio:
1910
Fin:
1910
Colaboración
Alfredo Vicenti; Galo Salinas; Luis Antón del Olmet; Manuel Linares Rivas; Basilio Álvarez; Manuel Portela; Prudencio Canitrot; Santiago Casares Quiroga;
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Predominio do castelán. Utilización escasa do galego, limitada a un par de artigos e á sección "Crónica quincenal"
Formato:
24,5 x 17 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 33 páxinas.
Prezo:
Número solto: 0,25 céntimos; semestre: 3 pesetas; ano: 5 pesetas
Redacción:
Huertas, 54. Madrid
Imprenta:
R. Velasco Impresor, Marqués de Santa Ana, II. Madrid.
Contido:
Publicación agrarista que aborda principalmente nos seus artigos a situación política, social e económica de Galicia, sobre todo do mundo rural. Denuncia o caciquismo e informa sobre as campañas pola redención de foros e sobre as actividades e finalidades do movemento agrarista ("Federaciones agropecuarias", "Un caso inaudito de caciquismo", "Nuestro Regionalismo", "La Redención de Foros", "De como fuimos tratados", "De aquí y de allí", "Los luchadores de La Coruña" etc.). Outros traballos versan sobre diversos aspectos de Galicia como a industria, o turismo, a historia, a emigración, novas de actualidade etc. Complétase con diversas colaboracións literarias, moitas delas cunha finalidade instrutiva como "Crónica quincenal: palique" (pequenos relatos ou diálogos que con ironía abordan os problemas propios da Galicia agraria) ou "Apólogos inocentes" (relatos breves con animais de protagonistas acompañados de ensino moral).
Observacións:
A publicación ten tres épocas diferenciadas: 1ª Época: 15/01/1910 - 11/08/1910; 2ª Época: 1/10/1910; 3ª Época: 24/10/1912- 16/11/1916
Ilustracións:
Case inexistentes. Só aparecen dúas fotografías en toda a publicación.
Publicidade:
Moi escasa e limitada ás contraportadas e ás páxinas finais. Avisos comerciais, de aseguradoras e anuncios de alugamento de casas en Galicia. Na última páxina destaca un anuncio publicitario de Mondariz.
Relacionadas:
Acción Gallega. [2ª época], 1911 (Esta cabeceira ten tres etapas de publicación: 1ª (1910-); 2ª (1911-); 3ª (1912-1916).); Acción Gallega. [3ª época], 1912 (Esta cabeceira ten tres etapas de publicación: 1ª (1910-); 2ª (1911-); 3ª (1912-1916).);