Acción Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Revista quincenal: Defensora de los intereses regionales
Lugar:
Madrid
País:
España
Época:
1ª época
Data de inicio:
15/01/1910
Data de fin:
11/08/1910
Ano de inicio:
1910
Ano de fin:
1910
Colaboración:
Alfredo Vicenti; Galo Salinas; Luis Antón del Olmet; Manuel Linares Rivas; Manuel Portela Valladares; Basilio Álvarez Rodríguez ; Prudencio Canitrot ; Santiago Casares Quiroga ;
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Predominio do castelán. Utilización escasa do galego, limitada a un par de artigos e á sección "Crónica quincenal"
Formato:
24,5 x 17 cm
Extensión:
Variable, entre 16 e 33
Prezo:
Número solto: 0,25 céntimos; semestre: 3 pesetas; ano: 5 pesetas
Redacción:
Huertas, 54
Imprenta:
R. Velasco Impresor, Marqués de Santa Ana, II
Contido:
Publicación agrarista, que aborda principalmente nos seus artigos a situación política, social e económica de Galicia, sobre todo do mundo rural. Denuncia o caciquismo e informa sobre as campañas pola redención de foros e sobre as actividades e finalidades do movemento agrarista ("Federaciones agropecuarias, "Un caso inaudito de caciquismo", "Nuestro Regionalismo", "La Redención de Foros", "De como fuimos tratados", "De aquí y de allá", "Los luchadores de La Coruña", etc.). Outros traballos versan sobre diversos aspectos de Galicia como a industria, o turismo, a historia, a emigración, novas de actualidade, etc. Complétase con diversas colaboracións literarias, moitas delas cunha finalidade instrutiva como "Crónica quincenal: palique" (pequenos relatos ou diálogos que con ironía abordan os problemas propios da Galicia agraria) ou "Apólogos inocentes" (relatos breves con animais de protagonistas acompañados de ensino moral).
Observacións:
A publicación ten tres épocas diferenciadas: 1ª Época: 15-01-1910/ agosto de 1910 2ª Época: outubro de 1910 3ª Época: 24-10-1912/16-11-1916
Ilustracións:
Case inexistentes. Só aparecen dúas fotografías en toda a publicación
Publicidade:
Moi escasa e limitada ás contraportadas e ás páxinas finais. Avisos comerciais, de aseguradoras e anuncios de alugamento de casas en Galicia. Na última páxina destaca un anuncio publicitario de Mondariz.
Números consultados:
1910: n.º 1-17
Relacionadas:
Acción Gallega. [2ª época], 1911 (Esta cabeceira ten tres etapas de publicación: 1ª (1910-); 2ª (1911-); 3ª (1912-1916).)
Acción Gallega. [3ª época], 1912 (Esta cabeceira ten tres etapas de publicación: 1ª (1910-); 2ª (1911-); 3ª (1912-1916).)
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X. L. (1996): Radio e prensa na Galicia Exterior, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, p. 180
SANTOS GAYOSO, E. (1990): Historia de la Prensa Gallega: 1800-1986, Sada, Ediciós do Castro, p. 443
Gran Enciclopedia Gallega (1974-1987), Gijón, Silverio Cañada, tomo I, p. 90-91
Depósito dos fondos:
Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela , Biblioteca do Museo de Pontevedra. .