Repertorio da prensa da emigración galega

----

Almanaque Gallego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
A Habana
Inicio:
1909
Fin:
1909
Dirección
Casimiro Fernández; Adelardo Novo;
Colaboración
Alberto García Ferreiro; Benito Losada; Francisco Añón;
Sinatura de artigos reproducidos
Manuel Curros Enríquez; Rosalía de Castro;
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Bilingüe, sobre todo na reprodución de poemas ou na sección "Cousa de nenos", asinada por Adelardo Novo
Formato:
24,5 x 17 cm.
Extensión:
192 páxinas
Redacción:
A Habana. A Habana
Imprenta:
A Habana. A Habana.
Contido:
Publicación da que só saíu un número en forma de libro, que segue o esquema da súa homónima de Bos Aires. Inclúe poesías de autores galegos, notas de homes e feitos galegos, crónica gráfica, repertorio de efemérides galegas etc. Ofrece tamén información institucional relacionada cos centros e entidades asociativas dos galegos, ademais das numerosas sociedades galegas de instrución espalladas nese momento por toda a illa. No seu prólogo manifesta claramente a súa intención "Para que las figuras gallegas dignas del relieve alcanzado en la historia de Cuba, desde su descubrimiento, no se pierdan en el olvido...".
Ilustracións:
Predominan os retratos e fotos dos integrantes das sociedades das que se fai mención, e do Centro Gallego da Habana. Todas aparecen sen autoría, agás o retrato do músico José Castro Chané, realizado por Fernández.
Publicidade:
Moi abundante, aparecen máis de quince páxinas cheas de anuncios comerciais, de sociedades galegas etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1909