El Avisador Galaico

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Cienfuegos
País:
Cuba
Inicio:
1878
Fin:
1878
Dirección
Domingo Devesa Naveiro
José Porrúa Valdivieso
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Castelán
Contido:
Órgano oficial da Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia en Cienfuegos. É considerada por Neira Vilas como a primeira publicación galega editada en América, se ben foi precedida por La Gaita Gallega. Editáronse uns 40 números aos que non se tivo acceso.