Subtítulo:

Revista Ilustrada

Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Época:
2ª época
Inicio:
1912
Dirección
Jesús Peynó
Ricardo Carballal
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Bilingüe
Formato:
28,5 x 20 cm.
Extensión:
20 páxinas
Prezo:
N.º solto: 20 centavos
Contido:
Segunda etapa desta publicación cultural e informativa que aspira a "que la Colonia gallega en Cuba tenga en nosotros un traductor fiel de sus sentires, un cantor de sus triunfos, unha brisa de la tierra natal, un vocero de sus aspiraciones, un alma amiga con quien conversar sobre el rincón amado". Trátase dunha revista moi coidada con seccións fixas como "Semanales", na que trataban con frecuencia o devir do Centro Gallego; "Discos suevos", asinada por L'allabrac (o seu director e fundador Carballal Lafourcade) e escrita normalmente en galego; "Sociales" e "Movimiento social", seccións informativas sobre a colectividade e as sociedades de emigrantes; "Cosas de mi tierra" ou "Valija", de carácter informativo, interpretan e valora feitos e a situación de Galicia etc. Contén ademais colaboracións literarias, poesías etc.
Ilustracións:
Fotografías de gran calidade de actividades sociais da colectividade, con retratos de personalidades ou das súas esposas e fillos, reproducións de cadros de autores galegos, das sedes das sociedades etc.
Publicidade:
No reverso da portada aparece un directorio con moitas das sociedades galegas en Cuba e nas últimas páxinas aparecen numerosos anuncios de negocios de galegos, de bancos etc.
Relacionadas:
Suevia. [1ª época], 1910 (1ª e 2ª etapa da mesma publicación)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1912 : n.º 1, 3-8, 10-27, 29-35, 37