Subtítulo:

Órgano de "Hermandad Gallega"

Lema:
Lee y compara. Eso nos basta. Nuestra misión: prestigiar lo que ellos desprestigian.
Entidade editora:
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
1939
Dirección
Xerardo Álvarez Gallego
Administración
Xosé Vilariño Roca
Ilustración
Bagaría
Castelao
Carlos Maside
Colaboración
Castelao
Basilio Álvarez Rodríguez
Eduardo Blanco Amor
Enrique Líster
Ramón Otero Pedrayo
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Bilingüe
Formato:
28 x 42 cm.
Extensión:
Variable, 4, 6, 8 ou 11 páxinas
Prezo:
5 centavos
Contido:
Publicación editada pola "Hermandad Gallega", agrupación do Centro Gallego da Habana, na que se aborda a problemática do mesmo, criticando a xestión da súa directiva encabezada por Cayetano García Lago. Era un voceiro da "esquerda", dirixido por Xerardo Álvarez Gallego. Conta con numerosas seccións como "Cóchegas", "De esguello", "Glosas", "Cartas del otro mundo" (asinadas por destacados autores como Waldo A. Insua, Eugenio Mañach, Fidel Villasuso, Adelardo Novo ou Xerardo Álvarez Gallego, entre outros), "Reflexiones de Bastián", "Gaita y Tamboril" etc. En xullo de 1940 editan un número extraordinario con motivo do Día de Galicia.
Ilustracións:
Reproducións de debuxos de Castelao, Maside ou Bagaría. Hai tamén retratos de persoeiros afíns a liña política da agrupación ou de literatos galegos, imaxes de paisaxes, fotos das instalacións do Centro Gallego, actos sociais etc.
Publicidade:
Pouca e intercalada no texto, son sobre todos anuncios de negocios (talleres de mecánica, zapaterías, garaxes, tendas de mobles, camiserías, bares, tinturerías, peleterías etc.).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1940: n.º 2-8, 10, 11