Repertorio da prensa da emigración galega

----

Nuestra Obra

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano oficial de la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1924
Colaboración
E. Arias; Joaquín R. Rodríguez; Manuel Darriba Rodríguez; Miguel Revestido; Ortovello; P. Veiga González; Gumersindo Busto;
Redacción
Antonio Martínez; J. Santoya; M. Folla;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Formato:
28,5 x 20 cm.
Extensión:
40 páxinas
Redacción:
Patricios, 58. Bos Aires
Imprenta:
Institución Americana de Artes Gráficas, Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación societaria, na que se combinan as informacións sobre as actividades da entidade editora (aparece moi detallado o balance económico, nómina de socios que axudan e mesmo un listado de veciños que carrexaron pedras para a escola de Coirós etc.), con traballos de temática moi variada. Entre estes últimos destacan os referidos á instrución, intentando xustificar, ante as críticas recibidas, o cambio dos seus obxectivos. Aparecen artigos como La escuela es el corazón de los pueblos, Instrucción, diversión y legislación, El desquicio de la instrucción primaria en España y responsabilidad del clero en la decadencia de nuestros valores patrios, Eduquemos etc., resaltando o seu novo papel como entidade instrutiva.
Ilustracións:
Na portada reproducen o emblema da sociedade. No interior inclúen fotografías sobre todo infantís e evocadoras de Galicia (paisaxes e costumes).
Publicidade:
Moi abundante, aparecen avisos comerciais, de pequena industria, profesionais (procuradores, escribáns, "martilleros") etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1924: n.º 1