Santos e Meigas

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Semanal Ilustrada

Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
1908
Fundación
Ricardo Carballal
Dirección
Ricardo Carballal
Dirección artística
Pedro Madrigal
Administración
Ricardo Carballal
Colaboración
A. L. Baró
Aureliano J. Pereira
José Baña Pose
Pocapena
Prudencio Rovira
Emilia Pardo Bazán
Enrique Labarta
Juan Barcia Caballero
Manuel Curros Enríquez
Roberto Blanco Torres
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Bilingüe, é destacable a presenza de numeros textos, en prosa e verso, escritos en galego
Extensión:
8 páxinas
Contido:
Revista ilustrada de carácter rexionalista, que exalta a Galicia, o seu idioma e os seus valores. A súa finalidade foi a defensa da lingua galega. Contén crónicas das actividades das institucións, novas de Galicia, colaboracións literarias etc. Conta con seccións como "Parnaso gallego", onde aparecen poemas escritos en galego; "Correo de Galicia", con información sobre o que acontece en Galicia; "Tijeretazos", pequenas notas costumistas etc.
Ilustracións:
Viñetas, caricaturas e algúnhas fotografías. Algunhas das ilustracións están asinadas por Massaguer.
Publicidade:
Na primeira e na última páxina aparecen numerosos anuncios de comercios de Cuba.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1908: n.º 1-6