La Voz de Breogán

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano Oficial de "Juventud de Galicia"

Lugar:
Lisboa
País:
Portugal
Inicio:
1957
Fin:
1958
Editor/a
Fernando Toucedo
Colaboración
Alfonso Antela Rodríguez
Carlos Baquero Peruch
Eugenio do Val
Felix González del Rivero
Francisco Xavier de Echarri
José Feijóo Varela
José Ibañez Martin
Ramos Loro Vieites
Avelino Abuín de Tembra
Carlos Areán
Ramiro Vidal Carrera
Ramón Otero Pedrayo
Xefatura de redacción
Avelino Abuín de Tembra
Comezo-cese:
1957-1958
Periodicidade:
Mensual ata o número 6; o seguinte número publícase en novembro
Idioma:
Castelán, en galego aparecen algunhas colaboracións literarias
Formato:
32 x 23 cm.
Extensión:
Variable entre 6 e 12 páxinas, aínda que xeralmente ten 8 páxinas
Prezo:
Gratuíto para os socios
Redacción:
Madalena, 259. Lisboa
Imprenta:
Tipografia Ideal, S. Francisco (Calçada), 13. Lisboa.
Contido:
Revista publicada pola sociedade Xuventude de Galicia de Lisboa con motivo das celebracións das vodas de ouro da entidade. Foi o voceiro societario das numerosas actividades levadas a cabo par conmemorar esa data tan significativa. Foi "el cronicón que archivó brillantemente en su páginas, narrativas de los actos conmemorativos de las 'bodas de oro' intercaladas con excelentes colaboraciones firmadas por nombres ilustres de la Literatura y las Ciencias (...)".
Conta con numerosas seccións como "Crónica de las fiestas de Juventud de Galicia", "Antología gallega" con artigos sobre autores galegos como Rosalía de Castro, Alfonso X O Sabio, etc., "Noticias de la colectividad" coas actividades da xunta directiva, movemento de socios ..., "Notas personales", con información sobre a vida social da colectividade con noticias de casamentos, nacementos, das viaxes dos socios ('salieron para Galicia', 'regresaron de Galicia'), pasamentos, etc. Nos diferentes números aparecen apuntes biográficos dos socios fundadores como Ramiro Vidal Carrera (socio n.º 1), Antonio Domínguez Toucedo (socio n.º 4), Luis Seijo García (n.º 6) ou Antonio Rubianes (n.º 2). Tamén recolle a actualidade local galega ("Correo de Galicia") e notas deportivas. Complétase con artigos sobre a xeografía e a literatura galega, colaboracións literarias e unha antoloxía poética galega.
Ilustracións:
Fotos de sociedade e de actos institucionais, así como algúns retratos de socios destacados.
Publicidade:
Moi escasa, algúns avisos comerciais e da sociedade (programas de festas).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1958: n.º 2-8

números