Umia y Lérez

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en el Plata Pro Cultura y Protección
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1923
Ano de inicio:
1923
Dirección:
Manuel Pichel; Pedro Campos Couceiro;
Administración:
F. Villaverde;
Colaboración:
Alejandro Sux; Benito Veloso Prado; Fernando Leira; José Roberto Deprisco; Marcelino Domingo; Rogelio Rivero; Fortunato Cruces ; Roberto Arlt ;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
40 x 29 cm.
Extensión:
Variable, entre 4 e 12 páxinas
Redacción:
Cochabamba, 4082. Bos Aires
Imprenta:
Bertini y Palma, Independencia, 1523. Bos Aires.
Contido:
Publicación editada polos Residentes del Ayuntamiento de Forcarey, que informa do seu labor societario. Na revista tamén destacan os artigos de carácter político sobre a situación galega, que teñen unha orientación republicana e autonomista. Ademais aparecen colaboracións literarias e artigos divulgativos. Por último, informa sobre a actualidade da comarca ("Noticias de Forcarey") e das novas sociais.
Ilustracións:
Escasas, aparecen só na portada e nos anuncios
Publicidade:
Avisos comerciais, bancos etc. A revista recomenda realizar a compra nos comercios que se anuncian
Números consultados:
1935: n.º 148
1951: n.º 335, 336
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1935: n.º 148