Repertorio da prensa da emigración galega

----

Unión Estradense

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Instrucción-Fomento-Cooperación: Fundada el 8 de mayo de 1916: Adherida a la Federación de Sociedades Gallegas

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1928
Corresponsalía
Enrique Frende, Pardemarín, comarca da Estrada; José María Moimenta, Agar, comarca da Estrada; José María Paseiro, Callobre, comarca da Estrada; José Revoredo Vilas, Curantes, comarca da Estrada; José Touceda Veade, Souto de Vea, comarca da Estrada; Marcelino Torres, San Miguel de Castro, comarca da Estrada; Maximino Barcala, Oca, comarca da Estrada;
Colaboración
A. Castro-Dono; D. Varela Buján; J. M. Brea; J. Martoló; José M. Chao Ledo; Castelao; Antón Villar Ponte; Ken Keirades; Manuel Lustres Rivas; Ramón Cabanillas; Ramón Rey Baltar; Rodolfo Prada;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán. Só algún artigo e poesía en galego, idioma que incrementa a súa presenza no número extraordinario
Formato:
1941: 26,5 x 18 cm
Extensión:
Xeralmente 4 páxinas; en 1941, 36 páxinas
Redacción:
Alsina, 1195. Bos Aires
Belgrano, 1732. Bos Aires
Salta, 1185. Bos Aires
Imprenta:
Alborada, Venezuela, 913. Bos Aires.
Suevia, Cevallos, 1027. Bos Aires.
Contido:
Prensa societaria, dedicada principalmente a informar sobre as actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade da Estrada aos emigrantes residentes en Bos Aires. Contén ademais, aínda que en menor medida, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración.
En maio de 1941 edita un número extraordinario: "Homenaje a la mujer estradense en la persona de la dignisima Virginia Pereira de Castelao", polo XV aniversario da Sociedade, no que abundan as colaboracións literarias e artigos sobre a muller, a instrución e a cultura, en xeral, enfocados dende unha perspectiva galeguista
Ilustracións:
Escasas, só un par de fotografías en cada número, xeralmente son de carácter social, de edificios ou monumentos. No número de 1941 inclúe unha maior cantidade de información gráfica, reproduce o debuxo de Castelao feito por Maside, vistas da Estrada, de escolas, fotografías da directiva e outras comisións e de colaboradores
Publicidade:
Equilibrada e intercalada entre os artigos. Anuncios de casas comerciais de Bos Aires, empresas construtoras e establecementos de hostalaría. No número extraordinario aparecen máis anuncios, a maioría avisos comerciais de negocios de galegos (pintores, modistas, etc.), bancos, cafés, orquestras etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1929: n.º 2, 11, 14 microfilmados e posteriormente dixitalizados e en PDF.
n. 11

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 11 7/1929
n. 12 8/1929
n. 14 10/1929