Subtítulo:

Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego

Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1934
Dirección
Ramón D. Villar
Colaboración
A. Capdevila
A. Zapata García
J. Caamaño Bournacell
Leandro Pita Romero
Varela Buján
Carlos Maside
César Alvajar
Eduardo Blanco Amor
Florencio Delgado Gurriarán
Francisco Fernández del Riego
Manuel María
Ramón Otero Pedrayo
Ramón Rey Baltar
Ramón Vilar Ponte
Ricardo Carballo Calero
Valentín Paz Andrade
Xavier Bóveda
Xesús Ferro Couselo
Periodicidade:
Mensual, con numerosas irregularidades, aparecen números dobres e triples
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán, pero inclúe numerosas colaboracións en galego
Formato:
28,5 x 19,5 cm
Extensión:
Moi variable, entre 28 e 100 páxinas
Contido:
Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos. Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e traballos de creación literaria
Observacións:
A maior parte dos números consultados son extraordinarios en conmemoración do Día de Galicia, que abarcan 3 números da publicación
Ilustracións:
Fotografías que ilustran os artigos, de colaboradores da revista, evocadoras de Galicia e algunha reprodución artística.
Publicidade:
Moi numerosa e localizada nas páxinas finais da publicación. Comprende avisos comerciais variados, productos como tabaco, cafés, compañías e axencias de navegación, bancos, guía de profesionais médicos, confección, bares e restaurantes etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1951: n.º 207-208, 213
1953: n.º 236-237

números

Con amor e sin amor... sé ti mesma

Lar ; nº 15(1911), pp. 10
| |