Repertorio da prensa da emigración galega

----

La Voz de Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano independiente de la colectividad gallega

Lema:
Con el amor puesto en la patria lejana
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1980
Dirección
José Calo de Almeida;
Redacción
Enrique Garrido Prieto; Hector I. Duro; Javier Nogueiras Núñez; Mario M. Moscoso; Ramón Quiroga Torres; Bieito Cupeiro;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán
Formato:
41 x 29,5 cm
Extensión:
Variable , entre 4 e 8 páxinas
Prezo:
N.º: 1.000$; subscrición 6 meses: 8.000$; Sustentadores: 10.000$
Redacción:
Medrano, 734. Bos Aires
Imprenta:
Talleres Gráficos Ausonis, Escalada (Avenida), 1880. Bos Aires.
Contido:
Publicación de información xeral que pretende achegar a cultura galega aos emigrantes, principalmente á segunda xeración. Reproduce diversos traballos de carácter cultural e histórico sobre Galicia, pero tamén sobre Arxentina. Informa da actualidade galega, principalmente de cuestións políticas, onde destacan as colaboracións de Bieito Cupeiro, asumindo a revista unha postura autonomista. Complétase con información sobre asociacións (Centro Galicia), as actividades da colectividade como as Xornadas Patrióticas, visitas de personalidades galegas, competicións deportivas etc.
Ilustracións:
Escasas, aparece algunha fotografía de actos sociais
Publicidade:
Escasa, avisos de bancos e anuncios de carácter comercial
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1980: n.º 0