Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Órgano oficial de la Federación Residentes de Teo en Sud-América

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1910
Dirección
J. Rodríguez; A. Pascual. nº 69;
Subdirección
A. Pascual;
Administración
J. Rodríguez. nº 69;
Colaboración
A. Martínez Castro; Antonio Zozaya; Benito de Ventraces; C. Otero; Germán Dacobas; Hector Latino; J. Gómez Osorio; J. Rodríguez; J. Rof Codina; Juan F. Álvarez; M. López; Manuel Bouzón; Manuel Cao Turnes; O xastre de Lalín; R. Vieites; Rogelio Rivero;
Sinatura de artigos reproducidos
Manuel Vázquez Castro;
Periodicidade:
Mensual (Aparece o 15 de cada mes)
Idioma:
Castelán
Formato:
27,5 x 18 cm.
Extensión:
16 páxinas
Financiamento:
No listado de gastos da Federación aparece a revista como o principal, cun custo entre 65 e 70$.
Redacción:
Belgrano, 694. Bos Aires
Chacabuco, 496. Bos Aires
Victoria, 360. Bos Aires
Imprenta:
Talleres Gráficos J. Estrach, Humberto I, 966. Bos Aires.
Contido:
Publicación editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo e Vedra, que informa da vida interna e labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analiza a situación das diferentes parroquias, desde postulados agraristas, e denuncia as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.
Observacións:
A partir de 1916 pasa a denominarse El Eco de Teo e xa nos anos 20 continúa chamándose Unión de Teo y Vedra.
Ilustracións:
Moi escasas, á parte do debuxo da tapa, aparece algunha fotografía, principamente de carácter social.
Publicidade:
Escasa e localizada nas tapas e contratapas, anuncios de establecementos comerciais e produtos de consumo.
Relacionadas:
Eco de Teo, El. 1916 (Teo foi editada pola Federación de Residentes de Teo en Sudamérica. En 1916, hai unha escisión na Federación e o grupo que sae decide publicar unha nova revista que será El Eco de Teo cun carácter máis galeguista.); Unión de Teo y Vedra. 1920 (Editado pola mesma entidade, pode considerarse unha continuación deste xornal);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1911: n.º 16-20
1912: n.º 21-32
1913: n.º 33-44
1914: n.º 45-56
1915: n.º 57-60