Repertorio da prensa da emigración galega

----

Unión de Teo y Vedra

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra

Lema:
Por la instrucción, protección y emancipación del pueblo gallego
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1920
Dirección
M. Carneiro Martínez. nº 235;
Colaboración
Antonio Balado; Gandarela; José Montes Calviño; José Pereiro; Juan Lamas; Julio Cardales; Montouto; P. Palotes; P. Torres; Ramón Vieites; Valentín Corrales; X. Cachaza; Xan Bay; Xan Braña; Xan do Curro; Xan Pavo; Eduardo Blanco Amor; Eloy Rodriguez;
Corresponsalía
Antonio Matalote, Teo e Vedra; Antonio O' Roucho, Teo e Vedra; Gómez de Matelo, Teo e Vedra; J. Neira, Teo e Vedra; Rogelio Caminos, Teo e Vedra;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Predominio do castelán, con algunha colaboración en galego
Formato:
27 x 18 cm.
Extensión:
Xeralmente ten 16 páxinas, pero pode chegar a 44
Redacción:
Victoria, 360. Bos Aires
Bernardo de Irigoyen. Bos Aires
Imprenta:
Casa J. Estrach, Humberto I, 966. Bos Aires.
Contido:
Publicación editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo e Vedra, que informa da vida interna e o labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan: Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou etc. Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, recollidas en numerosas seccións co nome de "Crónicas" ou "Informaciones", onde os diferentes correspondentes abordan a problemática local dende postulados agraristas, e denuncian as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último, recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.
Ilustracións:
Escasas, algúns debuxos e fotografías sociais
Publicidade:
Localizada nas páxinas finais e contratapas. Anuncios de establecementos comerciais (almacéns, bares, etc.), hoteis de Vigo, clínicas dentais, bancos, produtos panificados, avisos de actos das asociacións de emigrantes e do Centro Republicano de Teo.
Relacionadas:
Teo. 1910 (Editadas pola mesma entidade, Pode considerarse como un precedente); Eco de Teo, El. 1916 (Editadas pola mesma entidade, Pode considerarse como un precedente);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1927: n.º 206
1929: n.º 230, 235
1930: n.º 236, 238, 241-247
1931: n.º 249-259
1932: n.º 271, 271 bis
1933: n.º 272-283
1934: n.º 284-295
1935: n.º 296-300, 302-307
1936: n.º 308-314
1943: n.º 400-401
1951. n.º 491-492
1952: n.º 500
1953: n.º 503, 505
1954: n.º 507, 508, 510
1955: n.º 512-514
1956: n.º 515-517
1957: n.º 519, 521, 522
1962: n.º 535
1965: n.º 539
1971: n.º 543
1973: n.º 545