Galicia Libre

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Semanario popular informativo
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1937
Ano de inicio:
1937
Dirección:
Colaboración:
Gildo Santos; Jesús Carracedo; Moncloa; Castelao ; Rafael Dieste ;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Extensión:
4 páxinas
Redacción:
Alsina, 755. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación política, editada por Luís Seoane en Bos Aires, co fin de apoiar a causa republicana e denunciar a represión franquista en Galicia. Reproduce diversas informacións e comentarios sobre a situación española e a súa repercusión na colectividade emigrada, así como un artigo de Castelao sobre a autonomía galega e un chamamento aos centros galegos para que apoien a causa republicana. Complétase con colaboracións literarias e debuxos sobre a represión
Ilustracións:
Aparecen fotografías e viñetas de personaxes políticos
Publicidade:
Escasa, un anuncio dun establecemento comercial e un chamamento para a lectura de "periódicos leales"
Números consultados:
1937: n.º 3
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1937: n.º 3