Subtítulo:

Periódico galego

Lema:
Política? Xa falaremos. Pirmeiro percisámol-a Libertade. Calquera que sexa o teu senso político, xunguete a Nos no sagreficio pol-a sua Independenza
A lingua é base, e é a mais genial e nacional obra de arte que cada naçao cria e desenvolve
A escola nazonal galega. Eis, a laboura mais urxente
Cantai galegos o himno xigante dos pobos libres, cantai galegos a idea santa da independencia da nosa Patria (Alfredo Brañas)
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Época:
2ª época
Inicio:
1930
Fin:
1936
Colaboración
A. Vidal; A. Zapata García; Bieito Fernández; Camilo Cantón; Clemente López Pasarón; F. Lamas Barreiro; Fuco G. Gómez; Fungueiro; G. Nolla; Lino Pérez; Manuel Oliveira; Noceda; Urbano Hermida; Vicente Barros; Francisco Fernández del Riego; Moisés da Presa; Ramón Villar Ponte; Ricardo Flores; Valentín Paz-Andrade; Vicente Risco; Víctor Casas Julián; Victoriano Taibo;
Periodicidade:
Quincenal e mensual
Idioma:
Galego
Formato:
42 x 31 cm
Extensión:
Variable, entre 4 e 8 páxinas
Prezo:
Tres meses: 0,75$; seis meses: 1,50$; ano: 3$
Redacción:
Zapilola, 3636. Bos Aires
Vidal, 3464. Bos Aires
Belgrano, 1732. Bos Aires
Belgrano, 2157. Bos Aires
México, 1660. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación nacionalista que na súa segunda etapa edítase como voceiro da Sociedade Nazonalista Pondal de Bos Aires. A maioría dos artigos son de caráter político, defendendo e difundindo os postulados ideolóxicos da entidade editora, ao mesmo tempo que informa das súas actividades e tamén da Institución Cultural Gallega. Reproduce diversas colaboracións de intelectuais galeguistas e é moi crítica coa actuación do Partido Galeguista e outros grupos afíns. Conta tamén con colaboracións literarias, artigos sobre cultura galega, información sobre a colectividade etc.
Observacións:
A publicación ten dúas épocas diferenciadas: 1.ª Época: xaneiro 1926-17/12/1926 2.ª Época: 1/2/1930-25/7/1936 En 1941 volve a editarse unha publicación con este mesmo título, na que participan antigos membros da Sociedade Nazonalista Pondal
Ilustracións:
Moi escasas, algúns retratos, gravados, viñetas humorísticas
Publicidade:
Escasa, anuncios de establecementos comerciais dispersos por toda a publicación. Tamén aparece propaganda da sociedade editora, venda de libros etc.
Relacionadas:
Fouce, A. [1ª época], 1926 (1ª etapa: 1926; 2ª etapa: 1930-36. 1941: mesma cabeceira.); Fouce, A. 1941 (Mesma cabeceira cos mesmos ideais políticos, galeguistas e de esquerdas. En 1930 edítase 2ª etapa de A Fouce ata 1936. En 1941 edítase unha nova publicación coa mesma cabeceira e os mesmos principios.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1930: n.º 5-24
1931: n.º 25-43
1932: n.º 44-57
1933: n.º 58-66
1934: n.º 67-76
1935: n.º 77-84
1936: n.º 85-88