Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente en Arxentina entre 1924 e 1932. Eduardo Blanco-Amor, Eliseo Pulpeiro e Ramón Suárez Picallo foron os directores literarios dunha publicación pola que desfilaron Castelao, Maside, Suárez Couto, Francisco Asorey, Luis Ksado… Un expoñente de galeguidade que repousaba en varios sitios (Fundación Penzol, Universidade de Santiago, Real Academia Galega, Instituto Sarmiento) e que agrupamos, dixitalizamos e poñemos ao teu dispor.
Subtítulo:

Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs

Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1924
Fin:
1932
Fundación
Domingo Rial Seijo
Ramón Peña
Dirección
Domingo Rial Seijo
Ramón Peña
Dirección literaria
Adolfo Vázquez Gómez
Eduardo Blanco Amor
Eliseo Pulpeiro
Ramón Suárez Picallo
Xerencia
Domingo Rial Seijo
Colaboración
A. Castro Seijo
A. Zapata García
Avelino Díaz
E. Montes
E. Paz Hermo
F. Lorenzo Rico
Lino Pérez
Luis Bouza Brey
Manuel Oliveira
Ramón Lorenzo Garrido
Rogelio Rodríguez Díaz
S. Guerrero
Santiago Gómez Tato
Vicente Barros
Vicente Tolosa
X. Lesta Meis
Xosé Ares Miramontes
Castelao
Antonio Alonso Ríos
Antonio Noriega Varela
Eduardo Blanco Amor
Francisca Herrera
José Pena
Julio Sigüenza
Ramón Cabanillas
Ramón Suárez Picallo
Roberto Blanco Torres
Vicente Risco
Victoriano Taibo
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Núñez Búa
Periodicidade:
Quincenal, aparece os días 10 e 25 de cada mes
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
28,5 x 20 cm.
Extensión:
Variable entre 32 e 40 páxinas, pero increméntase nos números extraordinarios
Prezo:
N.º solto: 0,20-0,30$; 6 meses: 3$; 1 ano: 6$; España (1 ano): 18 ptas.; exterior (1 ano): 3$ ouro
Lugares de distribución:
Ten axencias en Galicia e Uruguai. Tamén ten axentes-correspondentes en moitas cidades arxentinas (Córdoba, Bahía Blanca, La Plata, Avellaneda, Tandil, Mendoza, Río Gallegos etc.); Asunción, Santiago de Chile, Baía, Punta Arenas, Antofagasta
Contido:
Revista cultural ilustrada, que conta coa colaboración de importantes personalidades galegas que abordan diferentes temas galegos, na que se observa a liña galeguista, que se acentúa coa inclusión da sección "Idearium Galeguista". As seccións "Motivos de Crónica" ou "El momento de Galicia" analizan a actualidade galega e da colectividade. A revista, nun intento por achegarlles aos lectores a realidade cultural galega, inclúe notas biográficas de artistas galegos, comentarios bibliográficos, reprodución gráfica da súa obra ou colaboracións literarias, así como a cultura contemporánea, principalmente a literatura arxentina ("Firmas sudamericanas", "Poetas argentinos" etc.). Tamén informa da actualidade galega, destacando as páxinas gráficas con noticias de Galicia ou a sección "Galicia Deportiva", noticias que se complementan con artigos en que se analizan diferentes aspectos da realidade galega (agricultura, política etc.). Contén informacións da colectividade e das asociacións ("Por nuestras sociedades"); posicionándose en situacións concretas respecto á orientación de determinadas institucións como o Centro Gallego de Bos Aires. Por último, inclúe notas da actualidade arxentina ("Teatrales", "Deportes") e páxinas dedicadas á muller e aos nenos ("Páginas infantiles", "Labores femeninas").
Observacións:
Segundo Avelino Díaz, habería unha primeira época desta revista a comezos da década de 1920. En 1927, chégase a un acordo con J. R. Lence, director-propietario do Correo de Galicia, polo que as dúas publicacións mancomunan a súa administración en mans de Domingo Rial Seijo, e Lence ocupa o cargo de asesor literario de Céltiga.
Ilustracións:
Publicación cun coidado deseño, que inclúe numerosas ilustracións, localizadas principalmente nas páxinas centrais. Aparecen fotografías (institucionais, de sociedades, paisaxes, motivos galegos etc.), reproducións de obras dos artistas galegos máis destacados, debuxos e viñetas humorísticas.
Publicidade:
Moi abundante, con anuncios de establecementos comerciais, compañías de navegación, produtos de consumo, compañías de seguros, bancos, profesionais etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1924: n.º 1-7
1925: n.º 8-24
1926: n.º 25-48
1930: n.º 141
Créditos:

Créditos

Institucións colaboradoras:

números