Galicia Emigrante

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1954
Fin:
1959
Dirección
Luís Seoane;
Editor/a
Luís Seoane. nº1-3, 6-7 (ano 1º), nº 11-12, 14-16 (ano 2º), nº 17-25 (ano 3º), nº 26-31 (ano 4º), nº 32-34, 36-37 (ano 5º);
Colaboración
C. A. González; G. Carballo; González Carballo; Alberto Vilanova Rodríguez; Antón Santamarina; Ánxel Fole; Arturo Cuadrado; Domingo García-Sabell; Eduardo Blanco Amor; Francisco Fernández del Riego; Lorenzo Varela; Luís Seoane; Pura Vázquez Iglesias; Ramón de Valenzuela; Ramón Piñeiro; Víctor Luís Molinari; Xosé Neira Vilas; Xosé Núñez Búa;
Ilustración
Luís Seoane;
Sinatura de artigos reproducidos
Luís Manteiga; Luís Tobío Campos;
Periodicidade:
Mensual e bimestral
Idioma:
Bilingüe
Formato:
27 x 19 cm
Extensión:
44 páxinas
Prezo:
4$
Redacción:
Oncativo, 1935. Bos Aires
Imprenta:
Alea, Ribadavia, 763. Bos Aires.
Contido:
Esta publicación cultural aspira a "ser espejo en esta capital de la vida y actividad de los emigrantes gallegos (...)". A maior parte dos artigos versan sobre aspectos culturais (entrevistas con intelectuais, historia, escritores, arte, costumes etc. ) e evocacións de Galicia, contando coa colaboración de importantes personalidades galegas, das que se reproducen igualmente numerosos relatos e poesías. Informa tamén do labor cultural realizado pola colectividade galega emigrada (teatro, visita de intelectuais galegos, música, arte etc.). Tamén destaca a contribución dos galegos á vida económica, social e cultural arxentina con numerosos artigos como os de A. Vilanova, nos que se reivindica a importancia de Galicia na historia arxentina. Completan a publicación seccións como "Cociña galega", "Aneidatario galego" e informacións sobre o labor societario dos emigrantes
Observacións:
Existe unha edición fascimilar publicada por Ediciós do Castro en 1995
Ilustracións:
A publicación ten unha moi coidada elaboración, na que destaca a portada cun debuxo de Luís Seoane para cada número. No interior salientan as fotografías e debuxos que complementan os artigos, vistas de Galicia, fotografías de personalidades, de actos sociais e numerosas reproducións artísticas
Publicidade:
Abundante. Aparecen principalmente anuncios de establecementos comerciais, axencias de viaxes, productos de consumo, profesionais e bancos
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1954: n.º 1-7
1955: n.º 8-16
1956: n.º 17-25
1957: n.º 26-32
1958: n.º 33-36
1959: n.º 37