Pueblo Gallego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

N.º 1: Periódico quincenal de información
A partir do n.º 2: Periódico quincenal

Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1941
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Predominio do castelán
Formato:
1970: 41 x 29 cm
Extensión:
Variable, entre 8 e 12 páxinas
Prezo:
Subscrición semestral: 1,20$; 1970: n.º solto 0,50$
Contido:
Publicación xurdida con motivo das eleccións ao Centro Gallego de Bos Aires en 1941, e que volve editarse noutras convocatorias electorais. O seu obxectivo é promocionar a candidatura da Agrupación Celta (programas, defensa ou crítica da xestión, presentación de candidatos etc.). Pero á parte desta finalidade primordialmente electoral, tamén aborda outros aspectos: información das actividades de sociedades galegas, escritos arredor da historia, da cultura e doutros aspectos de Galicia etc.
Observacións:
Despois das eleccións de 1941 desaparece, recuperando o título noutras contendas electorais
Ilustracións:
Aparecen fotografías, debuxos (principalmente de Cebreiro) e reproducións artísticas de temática diversa en función do escrito que ilustran
Publicidade:
En 1941 aparecen anuncios de establecementos comerciais, produtos de consumo, profesionais, bancos, etc. En 1970 é moi escasa ou nula (dependendo do número), e localizada ao final. Destacan os anuncios da candidatura presentada pola Agrupación Celta ás eleccións do Centro Gallego
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1941: n.º 1-9, 11, 13