Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Revista Pro Hogar Gallego para Ancianos

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1957
Colaboración
A. Baltar; Avelino Díaz; Bernardo González; Carmen Ramudo; José Conde; Lío Auré; Xoán García Gómez; Eduardo Blanco Amor; José Blanco Amor; Ramón de Valenzuela; Ramón Rey Baltar;
Ilustración
Luís Seoane;
Idioma:
Bilingüe, o galego emprégase nas poesías
Formato:
28 x 20 cm.
Extensión:
40 páxinas
Redacción:
Bos Aires. Arxentina
Imprenta:
F. Loza, Venezuela, 529. Bos Aires.
Contido:
Revista editada por un grupo de amigos do Hogar Gallego para Ancianos, co fin de apoiar e divulgar o seu labor. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias e algunhas referencias a personalidades galegas, ou ao papel dos galegos en América. Tamén inclúe o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade, así como información sobre a institución.
Ilustracións:
Na portada reprodúcese un debuxo de Luís Seoane. No interior, as fotografías e debuxos son escasos e representan a persoas maiores e algunha paisaxe galega.
Publicidade:
Moi abundante, a metade da publicación está destinada á mesma. Destacan os anuncios comerciais, de bares, restaurantes, almacéns e sobre todo do sector textil.
Relacionadas:
Domselaar. (Publicacións editadas pola mesma sociedade en distintas épocas); Hogar Gallego para Ancianos. 1944 (Publicacións editadas pola mesma sociedade); Infhogar. [1ª época], 1999 (Publicacións editadas pola mesma sociedade en distintas épocas);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1957: n.º 1