Repertorio da prensa da emigración galega

----

El Despertar Gallego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Publicación quincenal independiente

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1905
Dirección
J. B. Fernández; J. C. Rey;
Colaboración
Félix Cuguerella; J. B. Fernández; J. C. Rey; Luis Sánchez; Vicente Medina;
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Castelán
Formato:
36 x 27 cm.
Extensión:
Variable, entre 12 e 14 páxinas
Prezo:
0,10$; trimestre: 0, 60$
Redacción:
Colombres, 297. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación de información xeral, que pretende abordar os problemas da colectividade emigrada, informar da súa situación e denunciar os abusos aos galegos. Asume un papel crítico con respecto ao asociacionismo galego, desde postulados socialistas e sindicalistas. Na sección "Nuestra Quincena" manifesta a opinión da redacción sobre a actualidade da colonia galega e española en Arxentina e sobre a problemática da emigración. Igualmente informa da actualidade española e galega, realizando comentarios sobre a súa situación. Cómpre destacar a polémica mantida coa Revista Gallega, xa que consideran inútil o labor de promoción da Real Academia Galega.
Observacións:
No último número consultado anuncian a intención de converter a revista en semanal co título El Despertar Hispano.
Ilustracións:
Non ten, agás a cabeceira
Publicidade:
Abundante e localizada ao comezo e final da publicación. Aparecen anuncios de produtos de consumo (tabaco, viños), establecementos comerciais, xastrarías, compañías de navegación, hoteis, bodegas etc.