Lema:
El usufructo de la tierra para el que la trabaja
Capacitar al pueblo para su emancipación, capacitándonos a nosotros mismos
Subtítulo:
Órgano Oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
30/11/1916
Ano de inicio:
1917
Fundación:
Antonio Fernández Lorenzo;
Dirección:
Manuel González Iglesias;
Subdirección:
Antonio Fernández Lorenzo;
Colaboración:
Antón Alonso Ríos; C. Villalobos Domínguez; Carlos Malagarriga; Enrique Jaro; J. Infante; Manuel Cordero; O xastre de Lalín; Pablo Iglesias; Roxelio Lois; Luis Araquistain ; Roberto Blanco Torres ; Victoriano Taibo ;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Formato:
40 x 28,5 cm
Extensión:
36
Prezo:
N.º solto: 0,15$; subscrición anual: 1,50$; n.º especial: 0,50$
Redacción:
Perú, 359
Piedras, 867
Imprenta:
Establecimiento Gráfico J. Estrach, Humberto I, 966
Contido:
Periódico agrario xurdido como resposta da sociedade de emigrantes ao peche do xornal agrarista e anticaciquil El Despertar, editado en Salceda baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento aparece como La Voz del Centro, para adquirir posteriormente esta denominación, máis acorde coas súas finalidades. Pois, a pesar de ser o órgano de expresión da sociedade e recoller información sobre esta (actividades, noticias sociais, asembleas etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas. O número analizado é un extraordinario, no que abundan os artigos referidos á situación política española ("Actualidad Española, "Mirando a la España futura, "Los foros" etc.), reflexións políticas de tendencias socialistas e cooperativistas ("Los milagros de la cooperación en Dinamarca"), notas pedagóxicas ("El problema del analfabetismo en España", fragmentos de La Escuela de E. Médicis) e artigos sobre agrarismo, contando coa colaboración de Pablo Iglesias, J. Costa, C. Malagarriaga, L. Araquistain etc. Outra sección da publicación está destinada a reproducir as novas locais da comarca. E, por último, aparecen colaboracións literarias de temática galega con obras de Roxelio Lois, Curros Enríquez, Victoriano Taibo, A. Rodríguez Elías etc.
Ilustracións:
Retratos, tamén reproduce paisaxes de Galicia e da súa comarca
Publicidade:
Anuncios de establecementos comerciais (comestibles, roupa, panaderías etc.) e compañías de navegación
Números consultados:
1924: n.º 85
Relacionadas:
Voz del Centro, La. 1917 (La Voz del Centro foi un precedente de El Agrario. Ambas foron editadas pola mesma sociedade, Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1924: n.º 85