Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Órgano Oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Lema:
El usufructo de la tierra para el que la trabaja
Capacitar al pueblo para su emancipación, capacitándonos a nosotros mismos
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1917
Fundación
Antonio Fernández Lorenzo;
Dirección
Manuel González Iglesias;
Subdirección
Antonio Fernández Lorenzo;
Colaboración
C. Villalobos Domínguez; Carlos Malagarriga; Enrique Jaro; J. Infante; Manuel Cordero; O xastre de Lalín; Roxelio Lois; Antón Alonso Ríos; Luis Araquistain; Pablo Iglesias; Roberto Blanco Torres; Victoriano Taibo;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Formato:
40 x 28,5 cm.
Extensión:
36 páxinas
Prezo:
N.º solto: 0,15$; subscrición anual: 1,50$; n.º especial: 0,50$
Redacción:
Perú, 359. Bos Aires
Piedras, 867. Bos Aires
Imprenta:
Establecimiento Gráfico J. Estrach, Humberto I, 966. Bos Aires.
Contido:
Periódico agrario xurdido como resposta da sociedade de emigrantes ao peche do xornal agrarista e anticaciquil El Despertar, editado en Salceda baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento aparece como La Voz del Centro, para adquirir posteriormente esta denominación, máis acorde coas súas finalidades. Pois, a pesar de ser o órgano de expresión da sociedade e recoller información sobre esta (actividades, noticias sociais, asembleas etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas. O número analizado é un extraordinario, no que abundan os artigos referidos á situación política española ("Actualidad Española, "Mirando a la España futura, "Los foros" etc.), reflexións políticas de tendencias socialistas e cooperativistas ("Los milagros de la cooperación en Dinamarca"), notas pedagóxicas ("El problema del analfabetismo en España", fragmentos de La Escuela de E. Médicis) e artigos sobre agrarismo, contando coa colaboración de Pablo Iglesias, J. Costa, C. Malagarriaga, L. Araquistain etc.
Outra sección da publicación está destinada a reproducir as novas locais da comarca. E, por último, aparecen colaboracións literarias de temática galega con obras de Roxelio Lois, Curros Enríquez, Victoriano Taibo, A. Rodríguez Elías etc.
Ilustracións:
Retratos, tamén reproduce paisaxes de Galicia e da súa comarca
Publicidade:
Anuncios de establecementos comerciais (comestibles, roupa, panaderías etc.) e compañías de navegación
Relacionadas:
Voz del Centro, La. 1917 (La Voz del Centro foi un precedente de El Agrario. Ambas foron editadas pola mesma sociedade, Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1924: n.º 85