XUVE-Breogán

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Publicación mensual de XUVE

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1991
Colaboración
Avelino Delgado
E. Marino Iglesias
Emilio Noleo
S. Fernández Quintans
Ilustración
M. Cordeiro
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán
Formato:
22 x 17 cm
Extensión:
Irregular, entre 16 e 32 páxinas
Tiraxe:
500 exemplares
Contido:
Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias
Ilustracións:
Moi escasas e limitadas a mapas de Galicia e escudos heráldicos. A tapa é un debuxo de M. Cordeiro que reproduce o emblema da asociación.
Publicidade:
Anuncios moi variados (cafés, negocios de galegos, axencias de viaxes etc.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1991: n.º 1, 3
1992: n.º 4