Subtítulo:
Revista de Cultura Galega
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1/11/1993
Ano de inicio:
1993
Dirección:
Jorge A. Landini; Manuel Corral Vide;
Colaboración:
Alfonso Vázquez-Monxardín; Andrea Ruiz; Carlos Cerqueira Vigo; Carlos Fernández; Carlos López; Cibran Silleiro; Eliseo Mauas; Federico Salesi; Fernando Linch; Gabriela Cameselles; Javier Vence; Manuel Santos Bermúdez; Rodolfo Alonso; Tini Araujo; Manuel Mera ;
Corresponsalía:
Xan Leira, Galicia;
Periodicidade:
Trimestral
Idioma:
Bilingüe
Extensión:
Aproximadamente 50 páxinas
Prezo:
Distribución gratuíta para socios
Redacción:
Felipe Lavallese, 956. Bos Aires
Grecia, 4152. Bos Aires
Imprenta:
Mariano Más, México, 639. Bos Aires.
Contido:
Publicación cultural editada pola sociedade cultural Xeito Novo, que pretende a través da mesma achegar a realidade galega aos galegos de Bos Aires. A revista estrutúrase en seccións como: "Libros", "Actividade Cultural", "Música", "Idioma", "Costumbres" ou "Cine", que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración ("Testimonios", "Memoria", etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración etc.
Ilustracións:
Numerosas e de boa calidade, sobre todo nas páxinas centrais dedicadas ao turismo en Galicia, que inclúen unha ampla reportaxe fotográfica
Publicidade:
Abundante. Recolle anuncios moi variados, de establecementos comerciais, profesionais etc.
Números consultados:
1993: n.º 1
1994: n.º 2-4
Relacionadas:
Xeito Novo. (Publicacións da mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1993: n.º 1
1994: n.º 2-4