El Primitivo

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Revista mensual: Propiedad del Orfeón Gallego Primitivo
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1/12/1905
Ano de inicio:
1905
Dirección:
A. Estrach. nº 30; N. Rodríguez. nº 30;
Colaboración:
E. Balás; E. Marquina; E. Zamacois; F. Martínez Santradan; Fabián Vidal; Galo Salinas; J. M. Riguera Montero; José M. González; José R. Lence; Juan Rivero; Julio R. Pedre; Justo S. López de Gomara; Luis de la Riega; Luis Taboada; M. Roberto Blanco Belmonte; Prudencio Rovira; Roxelio Lois; Emilia Pardo Bazán ; Fortunato Cruces ; Francisco Tettamancy ; Joaquín de Arévalo ; Julio Camba ; Manuel Castro López ;
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con algún artigo en galego
Formato:
27 x 18 cm
Extensión:
Variable, entre 20 e 24 páxinas. Algún número especial chega ás 60 páxinas
Redacción:
Chacabuco, 966. Bos Aires
Imprenta:
Imprenta y Librería J. Estrach, Humberto I, 966. Bos Aires.
Contido:
Publicación editada polo Orfeón Gallego Primitivo, que pretende achegar a realidade de Galicia aos seus asociados e facer unha defensa dos seus intereres. Reproduce diversos artigos sobre Galicia, a súa historia, a súa agricultura, a súa cultura etc.; ao mesmo tempo que polemiza sobre o galeguismo ou o nacionalismo catalán. Outros eixes básicos da publicación son as colaboracións literarias e as seccións divulgativas ("Curiosidades", "Mentiras y verdad", etc."). Inclúe información sobre a situación da colectividade e as actividades das entidades galegas, particularmente das realizadas pola propia sociedade editora. Por último, recolle noticias de interese para os emigrantes (indultos a prófugos, liñas de navegación, etc.) e novas da actualidade galega ("Miscelánea gallega"). O n.º 30, dedicado a conmemorar o 2 de maio de 1808, contén unicamente ensaios sobre a guerra da independencia e documentos históricos sobre esas datas.
Observacións:
O n.º 30 é un número extraordinario dedicado ao centenario do 2 de maio de 1808.
Ilustracións:
Moi escasas. Na portada aparece unha alegoría de Galicia. No interior reprodúcense retratos de personalidades galegas, vistas e escenas típicas de Galicia e algunha estampa artística. No número extraordinario de 1908 aumentan as ilustracións, que reproducen motivos da Guerra da Independencia.
Publicidade:
Máis da cuarta parte da publicación está destinada a avisos publicitarios, que xeralmente ocupan a totalidade da páxina e adoitan repetirse en varios números. Aparecen anuncios de produtos de consumo, talabartarías, xoiarías, imprentas, compañías de navegación, bancos, etc.
Números consultados:
1905: n.º 1
1906: n.º 2-13
1907: n.º 14-17, 19-25
1908: n.º 26-30, 33, 37
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela , Biblioteca da Real Academia Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1905